Proxecta Salvavidas

Proxecta Salvavidas: “Dá O aR (Vives en min)”

Coa participación no Programa Proxecta Salvavidas: Dá O aR (Vives en min) , no IES Arcebispo Xelmirez I continuamos coa labor de concienciación do noso alumnado e do resto da comunidade educativa de cara a comportamentos adecuados e positivos no ámbito da saúde.

Como vimos amosando en anos anteriores, no IES Arcebispo Xelmírez I procuramos ser especialmente sensíbeis e coidadosos con todos aqueles temas relacionados coa educación para a saúde e o benestar. Por este motivo un ano máis, e xa son nove consecutivos, queremos seguir aproveitando o programa "Salvavidas" pertencente ao Plan Proxecta, para transmitir ao noso alumnado e toda a comunidade educativa a importancia da doazón e o transplante de órganos para a sociedade, enfocando sempre a cuestión desde unha perspectiva solidaria e altruista, e ao mesmo tempo do valor que pode ter para eles/as mesmos/as como individuos/as, tratando de acadar un comportamento adaptativo e positivo que fomente hábitos de vida saudábeis.

No Proxecta Salvavidas participa como Coordinadora a profesora Rosalía Calleja Gómez do departamento de Sistemas e Aplicacións Informáticas, os docentes do departamento de Matemáticas Nuria Iglesias Méndez e Manuel Vázquez Mourazos, as profesoras María Isaura Barciela Varela e Carla Catarina Gómez Carballo do departamento de Lingua e Literatura Galega, os profesores Óscar Iglesias Araújo e José Antonio Cascudo Rodríguez do departamento de Imaxe e son e o Xefe de Estudos de Adultos e profesor de Técnicas e procedementos de Imaxe e Son no réxime de adultos Roberto Rodríguez Carballada.

Poden consultarse os traballos realizados cos distintos grupos de alumnos e alumnas do noso centro nos seguintes enlaces:

Web creada polo alumnado de 1º de Bacharelato de Adultos e 1º Video disc-jockey e son:

DaOaR


Carteis relacionados coa doazón de órganos e tecidos elaborados polo alumnado de Ciclo Básico de Informática de oficina

carteis DaOaR

Proxecto interactivo elaborado coa ferramenta Scratch polo alumnado da ESA (Educación Secundaria para persoas adultas):

DaOaR_scratch


Infografías dinámicas realizadas coa ferramenta Genially elaboradas polo alumnado de Ciclo Básico de Informática de oficina
infografias DaOaR

Vídeo elaborado polo alumnado de 1º de Bacharelato:

DaOaR_hai que falalo


Presentación pdf do alumnado de FP Básica Informática de oficina:
presentacion DaOaR

 Podcast realizados polo alumnado de CM de Video-DJ e alumnado de 2º de Bacharelato:

En espera
(Lucía Barros e Adrián Rey)

Eu son doante. E ti?
(Elena Gomez e Zaira Rivera)

Game Over
(Adrián Loroño e Roldán Carlín)

Instagram
(Matías Rieiro e Marta Rivera)

Vive en min
(Alonso, Raquel, Ángel Cerviño e Ángel Iribarnegaray)

Ti tamén podes
(Santyago Orozco e Julián Vázquez)


Vídeo feito polo alumnado de CM VDJ e Son oferta modular: