QUEROTE+

O IES XELMÍREZ I constitúe un  espazo de socialización esencial no desenvolvemento integral de alumnos e alumnas. O centro escolar é testemuña e axente implicado na evolución e cambios que se producen no alumnado, non só na transición de etapas vitais, senón tamén na construción dunha identidade e personalidade propia. Establécense vínculos de referencia co grupo de iguais no que se comparten experiencias e momentos significativos no proceso de construción persoal. Por isto, o centro de ensino é máis que un lugar onde adquirir unha serie de coñecementos prácticos e teóricos sobre materias e disciplinas académicas, senón que é un espazo de convivencia onde a persoa se forma a nivel integral.

Enmarcada nas materias de carácter transversal, áchase a educación para a saúde, na que os centros de ensino teñen que programar no calendario lectivo e incluír no proxecto educativo de centro, algún tipo de actividade ou programa no que se vaian a traballar contidos vencellados á educación para a saúde. A formación impartida nos centros educativos contribúe, co traballo das familias, na formación integral das rapazas e dos rapaces.

O grupo de alumnos e alumnas ao que se dirixe este programa son rapaces e rapazas de 3º curso da E.S.O. As idades por calendario académico, atópanse entre 13-14 anos, malia que hai cursos nos que os grupos non sexan tan homoxéneos en idade e que poida haber alumnado de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos, debido a diversas circunstancias.

Unidade didáctica
· Unidade Didáctica "A sexualidade" para traballar
nas aulas de 3 da ESO

 


· Video: Os métodos anticonceptivos,
do alumnado de 3 da ESO