PROXECTO TERRA
Dereito ao hábitat. Dereito á nosa cidade

OBXECTIVOS DO PROXECTO  TERRRA:

1. Sensibilizar ao respecto da importancia da conservación do patrimonio arquitectónico e monumental da cidade.
2. Analizar a cidade como produto social e comprender o seu carácter dinámico e mutable.
3. Valorar as consecuencias da planificación, da lexislación e das intervencións no espazo urbano.
4. Desenvolver actitudes críticas e de responsabilidade ao respecto das intervencións e a conservación do patrimonio.
5. Reflexionar sobre o valor da cidade como testemuña da Historia da sociedade que a construíu, e sobre a participación da súa cidadanía na súa evolución e transformación.

 Recollendo os obxectivos e a  a proposta suxerida pola organización, desenvolveremos no noso institututo un proxecto relacionado co lema "Dereito ao hábitat", centrado na análise da evolución nas últimas décadas do espazo urbano compostelán, os procesos de transformación experimentados nel e os impactos causados no patrimonio material e inmaterial, así como no tecido social, a través, fundamentalmente, da experiencia do alumnado e da memoria familiar.

Todo o traballo e actividades realizadas no proxecto pódense ver nas seguintes hiperligazóns:

http://sairdoxelmirez.blogspot.com.es/  
http://dendeoxelmirezi.blogspot.com.es/  
http://paisaxedoxelmirez.blogspot.com.es/

Unidade didáctica
· Memoria fotográfica das saídas didácticas