Fotografía en curso :"Mirando a través do obxectivo"

"Fotografía en curso" é un programa de difusión e pedagoxía da creación fotográfica que se dirixe principalmente ao alumnado, implicando diferentes axentes e ámbitos: museos e centros de arte, fotógrafos, docentes, centros educativos, barrios e municipios.
O obxectivo é transmitir a fotografía como arte, cultura e creación; propiciar o descubrimento do patrimonio fotográfico e a fotografía contemporánea; e xerar un retrato do territorio a través dunha proposta de prácticas creativas compartidas.
O programa desenvolveuse a través dos seguintes eixes de acción:

  • A web www.fotografiaencurso.org, con propostas de exploración do patrimonio fotográfico e da fotografía contemporánea, así como de prácticas de creación.
  • Formación dos docentes.
  • Actividades realizadas poe alumnado de bacharelato de adultos asesorados polos profesores/as Roberto Rodríguez Carballada, Mª Begoña Vázquez Millán e Mª Ofelia López López.

Participamos na modalidade de prácticas comúns de fotografía. A  partir dunha formación inicial dos docentes, realizamos co noso alumnado de bacharelato varias das prácticas propostas. O blog do proxecto dá visibilidade a todos os procesos de traballo e as fotografías finais publicaronse na web de "Fotografía en curso".

www.fotografiaencurso.org, é a web de referencia  onde os alumnoos/as poden descubrir  fotógrafos de todas as épocas. Aquí tamén organizan e difunden as fotografías realizadas nos obradoiros, xerando un retrato fotográfico do noso entorno a través da mirada dos nosos alumnos.


A organización do proxecto foi levada a cabo polo equipo de traballo ,profesorado e alumnado colaborador do Proxecto: "Mirando a través do obxectivo".
Involucrouse en gran medida o profesorado de aula do alumnado participante, o alumnado participante e a dirección do Centro,á que lle pareceu un proxecto interesante e creativo.

A organización como formulouse dende unha liña de traballo dinámica e interactiva, promovendo o diálogo para que foran as alumnas/os as/os quen expresaran a súa propia visión acerca do tema, as súas inquedanzas, dúbidas etc,.  A formulación dos bloques ou contidos temáticos estableceronse  mediante técnicas expositivas por parte do profesorado e dinámicas de traballo grupal co alumnado, co gallo de contribuír a un traballo ameno, interactivo e didáctico. A  partir dunha formación inicial impartartida no CGAI aos/ás docentes, estes trasmitironlla ao alumnado e realizaronse as prácticas propostas. O profesorado foi o responsable, o guía dalgunhas sesións, desenvolvendo unha función de coordinación, na que propiciou de forma activa e dinámica co alumnado. A imaxes captadas, unha vez seleccionadas polo seu caracter técnico, artístico e cultural foron subidas á web ,www.fotografiaencurs.org , para visionalas, etiquetala, comentalas e facer álbumes.

O método de traballo foi o seguinte:

1.Realización de lecturas das fotografías do fundo fotográfico da web fotografíaencurs.org , que se poden visualizar nos seguintes enlaces:

 Lectura da fotografía “Barcelona, 1962". Serie Barcelona blanco y negro. Calle Guipúzcoa – Xabier Miserachs 1962

Lectura da fotografía “Infinito – David Jiménez 1997

Lectura da fotografía “María – Humberto Rivas 1969

Lectura da fotografía “Can Serra [Habitus] – Xabier Rivas 2007”

Lectura da fotografía “Cerca de Almansa, 25 de abril de 1707 [Campos de batalla. España] – Bleda y Rosa 1999

Lectura da fotografía “Las Hermanas – Alberto García-Alix 1994

Lectura da fotografía “Monte Santa Tecla, La Guardia – Ricard Terré 1980

Lectura da fotografía “Teatre Victòria Eugènia, Sant Sebastià – Ferrán Freixa 1984

Lectura da fotografía “Silueta, Minas de Las Huertas – Juan Manuel Castro Prieto 1991

Lectura da fotografía “Escultor [Oficios artesanos de la ciudad] – Marta Povo

2. Selección de fotografías  e etiquetado agrupandoas en álbumes con temáticas escollidas polo alumnado tales como: A noite, Esforzo, Siluetas, Infinito, Paisaxes, Curvas, A familia........ : Poden visualizarse nos seguintes enlaces: 

Curvas

Xogando coa luz

A noite

Infinito

Simetría

O mundo é fermoso

Hai beleza en calquera esquina

A familia

Animais

Esforzo

Paisaxes

Siluetas

Amizade

Retratos de mulleres

 3.Fotografías marco. En pequenos grupos de 2/3 alumnos/as fotografiamos o noso entorno desde as fiestras, tratando de reproducir nas nosas fotografías a obra dos fotógrafos que colaboran co proxecto fotografía en curso. Poden verse na seguinte hiperligazón:

Dende as nosas ventás, que vemos?

4. Fotografías da actividade Espazos Baleiros. Nesta actividade fotografiaronse espazos no instituto e fixéronse dúas saídas para captar imaxes do entorno que amosan a pegadas que deixou o paso das persoas e agora a súa ausencia. Tamén se fixeron fotografías do noso entorno que xerasen sensacións como: olvido, abandono, aillamento, desolación, soedade, angustía e tristura. Ese traballo refictese en 3 exposicións publicadas na web:

Olladas de pedra

Xelmírez en silencio

Sensacións

5.Retratos dos maiores. Actividade proposta pola organización que enmarcamos nun proxecto que se está a realizar no centro, de recuperación do seu pasado a través da recopilación de arquivos históricos que nos reflictimos en imaxes de persoas maiores que se captaron mentres nos contaban as súas vivencias . Estas imaxes recolleronse nunha exposición que pode visualizar no seguinte enlace:

Co Xelmírez na memoria. Lembranzas dos nosos avós.

6. Ao longo de todo o proxecto foronse realizando entradas no blogue de fotografiaencurso, onde se recolle todo o traballo e o proceso seguido na realización das actividades do proxecta fotografía en curso. Enlace as publicacións no blogue de “fotografía en curso”:

Dende o IES Arcebispo Xelmírez I ... Un saúdo!

O noso grupo. Quen somos?

O noso centro. Como somos?

Que comunican e transmiten as fotografías?

Dende as nosas ventás, que vemos?

Espazos baleiros: que é un espazo baleiro?

Espazos baleiros: exploramos edificios abandonados?

Co Xelmírez na memoria. Lembranzas dos nosos avós

Creando as nosas exposicións

Ainda que moitas das imaxes captadas ao longo do proxecta foron publicadas na web e no blogue fotografiaencurso, dispoñemos de grande cantidade de material (imaxes), que non foi publicado e ao que se pode ter acceso no seguinte hiperligazón:

enlace ao material