|
César Vallejo (Chuco, Perú 1892-1938) "¡Hasta cuándo este valle de lágrimas, a donde yo nunca dije que me trajeran!" (Los heraldos negros)
|
![]() |
||
| Textos |
||||
"No pases adelante, pasajero,
sin rendir homenaje al prójimo Vallejo, al ser doliente que Neruda
llamó poeta interior y grande, fuego implacable del espíritu..." |
|
|||
César Vallejo viviu en París desde 1923, con estancias esporádicas en España. Militante marxista, aínda que sempre cuestinou a literatura proletaria. Poeta de audacias lingüísticas que aínda hoxe nos desconcertan, publicou catro grandes libros de poesía. Se foi vanguardista, foino dun xeito moi particular. Los heraldos negros (1918). Libro dunha radical orixinalidade, mais onde se perciben aínda ecos do modernismo. Estilo que tende a unha linguaxe parca, directa, conversacional en ocasións e sempre dunha fondura dramática e íntima. Os poemas dedicados ao máis cotián –a comida, a familia, a casa- encarnan sacramentalmente a angustia da vida e a morte, sen apenas atisbo de esperanza. Outros poemas insérense na temática indianista, onde abundan as imaxes modernistas. Trilce (1922). Representa un fito na historia da literatura hispánica. Libro de ruptura definitiva coa tradición, enmárcase na vanguarda con matices. Tres direccións: a) Poesía hermética, non figurativa, escura; a linguaxe bordea os límites das fronteiras expresivas. b) Poesía abstracta, c) Sentimental: o poema produto dunha inquietude e margura íntima e punzante, e imbuído dunha especial sensibilidade. A dislocación da sintaxe e a ruptura das convencións é a característica máis destacada. Poemas humanos (1939). É un dos libros máis importantes sobre a dor humana que se teñan escrito. Propón un humanismo fraternal, social e ideolóxico. Alternan na obra poemas de dimensión confesional e íntima con outros de inquietude social. A lingüaxe e estilo son continuación de Trilce: distorsións sintácticas, imaxes insólitas e visionarias, expresións ilóxicas que alternan con outras de ton coloquial, xiros idiomáticos –algúns localismos de filiación indixenista-, antíteses, paradoxos, expresión epigramática, frase sentenciosa e escura, ... España, aparta de mi este cáliz. Poemas escritos
durante a guerra civil. Representa un canto de solidariedade e amor a
España e aos homes en loita. O poeta establece un compromiso cos
desherdados, os desposuídos, os explotados que só serán
homes libres nunha sociedade na que rixa a igualdade e a xustiza. |
||||