![]() |
|
(Alejo Carpentier). |
![]() |
“No Caribe, e en xeral en América Latina, pensamos que as situacións “máxicas” forman parte da vida cotiá, da mesma maneira que a realidade máis banal. Parécenos completamente natural crer nos presaxios, na telepatía, nos soños premonitorios e en toda unha multitude de supersticións e interpretacións “fantásticas” da realidade. Nos meus libros non busco unha xustificación ou unha interpretación metafísica destes fenómenos. Por iso considérome un escritor realista e nada máis”. (G. G. Márquez). Marabilloso remite a unha raíz etimolóxica
mir- (mirari), que implica algo visual. Trátase, pois
dunha forma especial de mirar ou máis ben admirar. O rasgo que
distingue estes escritores é a recreación de referentes
históricos ou sociais máis ou menos inmediatos, pero de
maneira conscientemente distorsionada mediante recursos tales como a parodia,
o grotesco, a elipse, a alusión indirecta, a recorrencia ao valor
puramente significante da lingua e un afán representativo de corte
globalizador. Non pretenden pintar unha realidade obxectiva comprobable,
senón revelar aquilo que para o home dunha cultura determinada,
como é a americana máis profunda, resulta máis real
en canto forma parte esencial do seu mundo mítico de crenzas, costumes,
tradicións e supersticións. Esta cultura está presente
en países pequenos de economías preindustriais que se moven
en esferas organizativas moi diferentes á racionalidade urbana. |