O POSMODERNISMO (Poesía)

   
A pintura de Diego Rivera é un exemplo da interpretación peculiar, inspirada na tradición cultural americana, que a arte latinonamericana fai das correntes vangardistas  
 
 

"En cuanto a nosotros en particular, escritores de la vasta extensión americana, escuchamos sin tregua el llamado para llenar ese espacio enorme con seres de carne y hueso. Somos conscientes de nuestra obligación de pobladores y -al mismo tiempo que nos resulta esencial el deber de una comunicación critica en un mundo deshabitado y, no por deshabitado menos lleno de injusticias, castigos y dolores, sentimos también el compromiso de recobrar los antiguos sueños que duermen en las estatuas de piedra, en los antiguos monumentos destruidos, en los anchos silencios de pampas planetarias, de selvas espesas, de ríos que cantan como sueños. Necesitamos colmar de palabras los confines de un continente mudo y nos embriaga esta tarea de fabular y de nombrar. Tal vez ésa sea la razón determinante de mi humilde caso individual: y en esa circunstancia mis excesos, o mi abundancia, o mi retórica, no vendrían a ser sino actos, los más simples, del menester americano de cada día. Cada uno de mis versos quiso instalarse como un objeto palpable: cada uno de mis poemas pretendió ser un instrumento útil de trabajo: cada uno de mis cantos aspiró a servir en el espacio como signos de reunión donde se cruzaron los caminos, o como fragmento de piedra o de madera con que alguien, otros que vendrán, pudieran depositar los nuevos signos."
(Pablo Neruda. Do discurso de recepción do Premio Nobel)

O marco social no que se desenvolve a literatura latinoamericana neste período, primeira metade do século XX, está caracterizado pola acentuación de valores autóctonos e unha confianza ilusionada nun futuro económico e político cada vez máis autónomo e liberado de hexemonías estranxeiras. O espírito da Revolución mexicana contribúe a crear un clima de renovación e experimentación que se traslada ao ámbito literario, onde xorden voces poéticas que continúan o esplendor dos poetas modernistas nunha liña natural de evolución máis que de revolución, con formas e estilos que reflicten a visión do mundo e concepción da arte propias da época. Se ben a poesía desta etapa recibe a influencia dos movementos europeos de vanguarda, os poetas latinoamericanos foxen de calquera forma de sometemento a escolas ou movementos concretos, aínda cando tomen de todos eles motivos e técnicas, polo que se converten en poetas sumamente orixinais capaces de reinventar o mundo desde un indixenismo e primitivismo propios das súas culturas.

Do futurismo (Marinetti, Maiakowski, Pessoa) toman a idea da concepción da arte poética como antimímese, idea de autonomía da arte con respecto ao mundo, actitude desacralizadora, introdución na linguaxe do mundo da tecnoloxía, etc.

Do dadaísmo (Tristan Tzara) asumen a idea de rebelión destrutiva e nihilista contra unha sociedade caduca.

O surrealismo (P. Éluard, A. Breton, García Lorca, Cunqueiro) significa unha revolta contra o espírito da sociedade occidental. Actitude espiritual que reivindica o instinto contra a razón, a natureza contra a máquina, o soño contra a vixilia, a rebelión contra a orde. Potencian a imaxe irracional, o símbolo, ironía, humor negro, etc

O cubismo (G. Apollinaire) alentou o estudo da arte non europea, sobre todo africana.

O expresionismo (F. Kafka, B. Brecht) reflicte a crise motivada pola guerra. A arte expresionista tenta retratar o patético, os horrores, a escuridade, a guerra.

O creacionismo (Manuel Antonio, A. Cunqueiro, G. Diego) foi iniciado en París por Vicente Huidobro quen proclama no manifesto “Non serviam”, lido en Santiago en 1914: “Nosotros también podemos crear realidades en un mundo nuestro. Y he aquí que una buena mañana, depués de una noche de preciosos sueños y delicadas pesadillas, el poeta se levanta y grita a la madre Natura: Non serviam”. Estamos ante unha poesía non figurativa, que concibe o poema como obxecto autónomo, creado a partir de imaxes xustapostas baseadas en relacións imaxinarias que o poeta establece de forma arbitraria.

       
VICENTE HUIDOBRO
 
 
ALFONSINA STORNI
CÉSAR VALLEJO
NICOLÁS GUILLÉN
 
 
GABRIELA MISTRAL
 

PABLO NERUDA

 
OCTAVIO PAZ