rulfo.jpgPEDRO PÁRAMO. IDENTIFICA O PERSONAXE

Establece a correspondencia

  
Identifica o personaxe que corresponda coa descrición
Unha muller que, en compañía de seu irmán, rememora na soedade da Morte os seus amores incestuosos.
Pesonaxe de vida licenciosa e sen escrúpulos que acabará morrendo ao caer do cabalo.
Un home atormentado polos remorsos que loita por achar o camiño da verdade.
Muller que soña un fillo que nunca tivo, a non ser como froito da súa imaxinación.
Muller que exerce a función ce caporala na facenda da Media Luna. Está ao servizo de Pedro Páramo e recorda con nostalxia a noite en o cacique solicita os seus amores, aos que non accedeu.
Personaxe en busca dun pai que non coñece. En realidade busca unha ilusión, ou tal vez a propia identidade.
Personaxe obsesionado en conseguir o amor dunha muller que non conseguirá, e polo cal perde toda esperanza.
Home despótico e cruel, que utiliza o seu poder coa muller someténdoa sexualmente.
Muller que vive, desde a lonxanía, a ilusión dun paraíso perdido que identifica co mundo da infancia e xuventude en Comala.
Fillo de Pedro Páramo que acabará revivindo, en certa maneira, o mito de Edipo.
Muller que, na soedade e abandono da casa mortuoria onde repousa súa nai morta, rememora momentos de ledicia e felicidade. Desde ese momento a súa vida enfiará o camiño da loucura e a dor.
O único personaxe da novela sobre o que Pedro Páramo non ten poder. Encarna o ideal da beleza nun marco en que todo é desolación e morte.