Nicolás Guillén. A voz dun pobo

 
 

Actividades:

1. A partir da proxección do vídeo "El fin pero no es el fin" (2ª parte), recopila os datos máis relevantes da vida do poeta e a cultura cubana.

 

2. Extrae da lectura dos textos seleccionados temas e situacións que poetiza o escritor. Presta especial atención a temas costumistas e populares da tradición cubana que poidan revelarse nestes textos

 
3. No poema “Balada de los dos abuelos” Nicolás Guillén evoca a historia dos seus dous avós que, a pesar de proceder de culturas moi diferentes, as súas vidas pasan por situacións semellantes. Relata a historia destes avós en forma de conto, mantendo a fidelidade aos datos que nos achega o poeta e pon especial atención ao desenlace.

4. Despois da información que tes recibido sobre o poeta Nicolás Guillén, da lectura e audicións dos seus textos e da visión dos vídeo 2 e 3, convídote a realizar unha breve investigación acerca da Nova Trova Cubana e ritmos e bailes afrocubanos. Debes incluír os seguintes apartados na análise: orixe e evolución, descrición do baile atendendo ao seu contexto social e función , carácter, ritmo e movemento, instrumentación e textura, integrantes dos movementos. Podes consultar, entre outras, a seguinte páxina: www.lajiribilla.co.cu

5. "La muralla". Logo de visionar o vídeo, realizades o seguinte exercicio de pregunta-resposta.
5. 1. Que resaltarías da traxectoria artística e ideolóxica dos dous intépretes desta versión musical de “La muralla”?
5. 2. A quen corresponde a voz poética no texto?
5. 3. A quen se dirixe e apela o poeta, isto é, quen é o destinatario?
5. 4. Saberías por que titula o poema “La muralla”? Que sentido lle debemos dar ao título e por que elixe o poeta esta referencia simbólica?
5. 5. Para que se utiliza unha muralla?
5. 6. Que quere realizar o poeta? Como é o que desexa facer?
5. 7. A quen lle solicita colaboración?
5. 8. Os adxectivos brancas e negras teñen a mesma función estilística?
5. 9. En que sentido debemos entender o uso da palabra manos?
5. 10. Que partes do poema presentan características do xénero dramático?
5. 11. Quen son e que representan os personaxes dramáticos? Que relación se establece entre os personaxes que responden?
5. 12. Terán estes personaxes e o que representan algún simbolismo? Cal?
5. 13. Dispón en dúas columnas os valores e contravalores que simbolicen os elementos aos que o poeta pecha e abre a porta da muralla.
5. 14. A que forma poética responde o poema?
5. 15. Como enunciarías o tema do poema?
5. 16. Segundo o modelo do texto, completa cunha aportación de teu esta ampliación do poema.
—¡Tún, tún!
—¿Quién es?
—……….
—¡Abre la muralla!
—¡Tún, tún!
—¿Quién es?
—……………
—¡Cierra la muralla!
—¡Tún, tún!Tun

 

 

 
 
...un fantasma? ...un fantasma? ...un fantasma?