|
 |
Textos |
|
Nicolás Guillén
é o principal representante dunha corrente poética, coñecida
como “Poesía Negra”, a cal afinca as súas raíces
nas peculiaridades étnicas e culturais de países como Cuba
e Puert Rico, nos que a mestizaxe do africano e español é
un trazo definidor fundamental. Guillén soubo unir os recursos
máis experimentais de raíz vangardista con elementos folclóricos
da cultura cubana, sobre todo procedentes de países africanos,
trazo que, en grande medida, se debe á influencia de Poeta en York
de Lorca, quen escribira poemas como “Son de negros en Cuba”
ou “El rey de Harlem". O tema da negritude e o afrocubanismo
están tratados en N. Guillén sen pintoresquismo, e representa
a afirmación orgullosa e reivindicativa de valores dos seus antepasados.
A temática dos seus libros versa sobre a música africana,
a alienación da súa raza, -como mulato que era-, ou as cancións
yorubas. Na súa poesía mestúranse os temas políticos
de denuncia e reivindicación e aspectos raciais. Os poemas de inspiración
folclórica evocan a intensidade dramática da loita do home
de países africanos fronte ás forzas da natureza, que Guillén
recrea en ritmos e temas de rituais yorubas. O poeta utiliza recursos
estilísticos propios de cantos e ritmos populares afrocubanos,
como son as onomanopeias e rimas agudas, estribillos e repeticións,
palabras de orixe afro-negroide, etc. Por estes valores rítmicos,
moitos dos seus textos foron incorporados ao movemento musical afrocubano,
e moitos dos seus poemas están musicados polos máis importantes
intérpretes da Nova Trova Cubana.
Obras destacadas de Nicolás Guillén: Motivos de son,
Sóngoro cosongo, Poemas mulatos, West Indies
Ltd
|
|