|
Identifica |
Los Veinte poemas de
amor y una canción desesperada son un libro doloroso
y pastoril que contiene mis más atormentadas pasiones adolescentes,
mezcladas con la naturaleza arrolladora del sur de mi patria. Es un libro
que amo porque a pesar de su aguda melancolía está presente
en él el goce de la existencia. Me ayudaron a escribirlo un río
y su desembocadura: el río Imperial. Los “Veinte poemas”
son el romance de Santiago, con las calles estudiantiles, la universidad,
y el olor a madreselva del amor compartido.
En un esbelto y largo bote abandonado, de no sé qué barco
náufrago, escribí la “Canción desesperada”.
Encima de mi cabeza el cielo tenía un azul tan violento como jamás
he visto otro. Yo escribía en el bote, escondido en la tierra.
Creo que no he vuelto a ser tan alto y tan profundo como en aquellos días.
Arriba el cielo azul impenetrable. En mis manos los versos nacientes de
mi poema. Cerca de mi todo lo que existió y siguió existiendo
para siempre en mi poesía: el ruído lejano del mar, el grito
de los pájaros salvajes, y el amor ardiendo sin consumirse como
una zarza inmortal.
(P. Neruda. Confieso que he
vivido)
O autor de Veinte poemas de amor y una canción
desesperada rememora en Confieso que he vivido as fontes
das que flúen os versos máis apaixonados da literatura española
do século XX. Veinte poemas de amor é un libro
de amores adolescentes, que garda entre as súas páxinas
olor a mar, a choiva de atardeceres outonais, a rúas molladas de
Santiago, a ventos de tempestades que sacoden un corazón enamorado
de adolescente. Son versos que nos cautivan pola frescura das imaxes que
expresan a hiperbólica paixón dos amores primeiros, vividos
co dramatismo e grandeza propios da xuventude. Hai nestas páxinas
unha sensación de que podemos crer no poeta, de que nos fala desde
a liberdade e autenticidade vital. É este ton confesional de poeta
enamorado o que nos leva a considerar o poemario como exemplo de poesía
vitalista, luminosa e xuvenil, que nos revela, por medio da intensidade
visionaria e profunda das imaxes, a transcendencia e marabillas dun corazón
entusiasta e enamorado. A pesar da melancolía e tristeza que preside
o clima sentimental de moitos versos, os poemas despertan no lector o
soño e ilusión de vivir, de sentir, de amar. A evocación
da natureza exuberante das terras austrais, de luces e cores crepusculares,
noites de luar e ceos estrelados, de forzas oceánicas e praias
solitarias, son o espírito que convoca Neruda nunha especie de
unión telúrica coa amada, e que conforma un clima sentimental
de melancolía e tristeza, mais tamén de liberdade salvaxe
e plenitude erótica.
Poesía para enamorados, desesperanzados, escépticos e hedonistas,
para os que son felices, para os que se senten tristes, ou abandonados,
para os roqueiros, rapeiros, para os nostáxicos, para os que soñan
e saben que deixar de soñar é deixar de vivir, como sabía
Álvaro Cunqueiro. ¡Cantos destes versos se cruzaron no destino
de tantas parellas de amantes!
|
|