NOVELA REXIONALISTA |
||||||
| |
Corrente
literaria chamada tamén “crioulismo” que se afianza
en Hispanoamérica nas tres primeiras décadas do século
XX. Estes escritores cultivan preferentemente a prosa, conto e novela,
que recrea escenarios imponentes da paisaxe americana (a selva, o “llano”,
a pampa, as serras andinas) cos que os personaxes novelescos deben enfrontarse,
descubrindo con asombro e terror, e tamén impotencia, a hostilidade
e violencia destes espacios naturais. Podemos diferenciar nesta narrativa
“novelas da terra” ou telúricas (La vorágine,
Doña Bárbara, Don Segundo Sombra); novelas da revolución
(Los de abajo,); novelas indixenistas (Huasipungo, El mundo
es ancho y ajeno).
A maioría dos escritores realistas sufriron a influencia do Positivismo determinista. Francisco Bulnes estableceu a teoría segundo a cal os pobos que comían millo eran inferiores aos que comían trigo, o que nos dá idea do sentimento de indefensión dos intelectuais da época en relación coas “forzas”, “leis” e “fenómenos” que, segundo eles, gobernaban a súa existencia e a das súas sociedades. Os novelistas non vían os seus personaxes en termos de liberdade e ambigüidade, senón máis ben como representantes de forzas nacionais. Por iso a novela realista americana pode considerarse esencialmente alegórica.
|
|||||
|
||||||
| Rasgos que
a definen: 1. Home en tensa loita cunha natureza hostil, feroz e implacable, máis que sabia e maternal. 2. Personaxes como representación de forzas nacionais, alegóricos e arquetípicos. 3. Riqueza paisaxística fronte a perfil ambiguo e sen rasgos sicolóxicos dos pesonaxes. 4. Recursos propios do naturalismo como representación de personaxes degradados ou fatalmente determinados polas condicións adversas do medio, gusto polas imaxes truculentas, predominio de espacios rurais, etc., trazos que insinúan certa denuncia das inxustizas sociais. 5. Rigorosa elaboración da linguaxe de clara influencia modernista. 6. Os diálogos caracterízanse pola fidelidade ás falas locais. |
||||||
| |
||||||