FERNANDO PESSOA
 
 
(Lisboa 1888-1935)

fotomontaxe heterónimos

Os heterónimos son outros alguén en Pessoa, individualidades distintas.

 

"O poeta é um fingidor.
Finge tão completamente
Que chega a fingir que é dor
A dor que deveras sente
".

Fernando Pessoa é o principal representante das correntes vaguardistas portuguesas (Surrealismo, Dadaísmo, Futurismo), que en Portugal se coñecen como movemento Modernista. Estas correntes estéticas organízanse en volta da revista Orpheu, fundada polo propio Pessoa e Mário de Sá Carneiro, autores que con Almada Negreiros constitúen as figuras máis relevantes do movemento.
É un dos escritores que exemplifica na súa obra o pensamento e ideoloxía dominantes no primeiro terzo do século XX. Toda a obra de Pessoa é unha permanente busca da identidade. A poesía é unha forma de construír a identidade e de escapar ao absurdo. De aí a dimensión metafísica dos poemas, que formulan os problemas esenciais do home e o seu destino. A náusea, o tedio, a angustia, o absurdo, a fugacidade do terrenal, ... son problemas do pensamento existencialista presentes na poesía de Pessoa.
O poeta é consciente da limitación da palabra para comprender e coñecer a realidade. De aí a necesidade de crear personalidade distintas, os heterónimos, como formas de cuestionar ou de responder ás cuestións ontolóxicas: quen se é?, cal é o sentido do Universo?, e o sentido da vida? A estes interrogantes corresponden a fenomenoloxía de Caeiro, a metafísica de Campos, o sensacionismo de Reis, o ocultismo de Pessoa. Caeiro, que se supón morto en 1915, sería un solitario autodidacta que propugna un novo paganismo. Reis, expatriado a Brasil por monárquico sería un lírico clasicista. Campos, do que non consta a data da morte, é o poeta do século XX que ama a civilización e o progreso.

sinatura heterónimos
Ir a Ortónimo F.Pessoa. Ortónimo
Ir a Alberto CaeiroAlberto Caeiro
Ir a Ricardo ReisRicardo Reis
Ir a Álvaro de CamposÁlvaro de Campos
Ir a Ortónimo Test