ALEJO CARPENTIER: Unha sinfonía da palabra

Webquest de Literaturas hispánicas

Nivel:2º Bacharelato

 
TAREFA PROCESO AVALIACIÓN RECURSOS CONCLUSIÓN
 
 

TAREFA

Lectura de “Viaje a la semilla”. Elaboración dun caderno no que incluiredes os coñecementos adquiridos sobre a illa de Cuba, a súa singularidade xeográfica e cultural, a especial relación con Galiza, os seus mitos, revolución castrista e opinión persoal acerca do proceso revolucionario e futuro da illa. Alejo Carpentier e o movemento afrocubano, na música e literatura. Concepto de “O real marabilloso” en “El viaje a la semilla”. Outras obras de Carpentier e a significación deste escritor na literatura hispanoamericana. Creación dun conto a partir do modelo "Viaje a la semilla"

 
 

PROCESO

1. Comezamos por unha viaxe virtual a un país situada nun espazo privilexiado e cargado de evocacións culturais de distinto tipo (musicais, literarias, sociais, etc). Como prólogo, ides achegar unha chuvia de ideas e imaxes que vos suxira Cuba, transcribindo no caderno as máis destacadas. Para iso, elaborades a Ficha 1 que completaredes coas respostas á actividade proposta. Unha páxina interesante para informarvos é: www.monstruoweb.com/ImagenesdeCuba/Geografia.htm

2. Unha vez que disfrutamos desa viaxe tan prometedora por esta illa de encanto, descubriremos un personaje non menos cautivador: Alejo Carpentier. Se consultades esta páxina: www.cubaliteraria.com/autor/alejo_carpentier/index.htm, non teredes dificultade ningunha en completar a Ficha 2.

3. Concierto barroco pode resumir as claves narrativas de Carpentier: A viaxe como proceso vital e de formación –similitude con Axel e Liddenbrock-, toma de conciencia da propia identidade-, (“Es que mucho se aprende viajando”), a música como arte atemporal capaz de proxectarse no futuro, os mitos como fórmulas de comprensión da realidade, a procura da identidade americana fronte á cultura europea, a pintura, a cultura afrocubana, … O texto seleccionado vainos permitir unha aproximación ás claves literarias de Carpentier. Na Ficha 3 elaboras as impresións e ideas sobre o texto lido a partir do guión que che presentamos.

4. Lemos o conto “Viaje a la semilla”. Está incluído no libro Guerra del tiempo. Nesta dirección tendes o texto virtual: www.letras.s5.com/carpentier250502.htm

5. Unha vez completada a primeira lectura do relato, tirarías varias conclusións, entra as cales, se dúbida, está a constatación de cualificar a Carpentier como un escritor de estilo moi elaborado, incluso diríamos barroco, que emprega un vocabulario extremadamente preciso e selecto, tanto polo seu carácter culto como por facer uso de palabras propias do español de América. Terás que acudir, pois, a un diccionario para solucionar as dúbidas. Na páxina seguinte tes a edición virtual do diccionario da RAE: www.RAE.es O exercicio que che presentamos no seguinte vínculo (lexico) ten como finalidade enriquecer o teu caudal expresivo.

6. Para completar a comprensión lectora, realizamos un novo exercicio léxico- -semántico. Está no seguinte vínculo (semantica)

7. Na Ficha 4 realizarás un resumo de “El viaje a la semilla”.

8. Logo de consultares o comentario sobre o relato "Viaje a la semilla" en circulolatino, xa estarás en preparado para responderes ás cuestións formuladas no Cuestionario (Ficha 5) de forma máis completa e persoal, sempre de acordo coas conclusións extraídas do traballo de lectura e comprensión do conto.

9. Agora correspóndevos a vós crear a vosa historia. Como? Escribindo un conto que siga a estrutura do relato de Carpentier. O teu estilo non ten por que asemellarse ao de Carpentier, mais si tenta crear un ambiente suxerente que enriqueza esteticamente os espisodios que narres. Unha suxerencia pode ser narrar o voso propio futuro até o momento presente, e continuar coa rica historia xa vivida. É só unha opción. Podes imaxinar a historia vivida como reverso de calquera outro xeito que se che ocorra.

 
 

AVALIACIÓN DO PROCESO (De 1 a 10)

Sabe manexar a información para o desenvolvemento dos diferentes apartados?  
Realizou con éxito as diferentes actividades?  
Mantivo unha boa dinámica de traballo?  

AVALIACIÓN DA TAREFA (De 1 a 10)

 
  Coherencia/ Cohesión  
  Corrección  
  Contido  
  Fluidez  
Creatividade
 

RECURSOS

 
 

www.monstruoweb.com/ImagenesdeCuba/Geografia.htm

www.cubaliteraria.com/autor/alejo_carpentier/index.htm

www.letras.s5.com/carpentier250502.htm

www.RAE.es 

 
 

CONCLUSIÓN

  1. Parecéronche difíciles as actividades realizadas? Cales che custou máis realizares? E cales foron as máis amenas?
  2. Que é o que máis che sorprendeu da narración de Carpentier? Ou, no seu caso, que aspectos da súa obra che parecen máis interesantes?
  3. Que aspectos do labor realizado sobre o autor cualificarías como máis proveitosos? En que sentido?
  4. Que valoras máis, especialmente para un lector do século XXI, da obra de Alejo Carpentier?
  5. Que suprimirías e engadirías a esta experiencia de traballo?