Cuestionario
1. Quen é o protagonista do relato?
2. Cal é a orixe da metamorfose de Marcial?
3. Que simbolismo poden encerrar as estatuas de Ceres
e Venus?
4. Que trazo da temporalidade destaca no relato?
5. Presentan algún paralilismo o transcurso
vital de don Marcial e a mansión na que
reside?
6. En que lugar concreto transcorren as distintas
etapas da vida do protagonista?
7. Establece a relación entre Marcial e os
cadros pictóricos da casa.
8. Poderíase asignar unha nota musical a cada
capítulo? Como?
9. Podería adecuarse a estrutura do relato
a dous movementos musicais crescendo/ diminuendo ou, máis aínda,
o desenvolvemento da trama responde, en certa maneira, a unha estrutura
sinfónica na que se van alternando distintos movementos? Comenta
este punto en relación coa audición dos dous movementos
sinfónicos que escoitas como fondo musical.
10. Esta estrutura dinámica de ascenso e descenso
queda remarcada mediante distintos símbolos. Poderías
citar algún?
11. Comenta brevemente a sensación que che
produciu a idea central do relato
12. Reconstrúe os episodios biográficos
de don Marcial seguindo a linealidade cronolóxica das agullas
do reloxo.