IES Arcebispo Xelmírez I > Departamento de Debuxo > A Fotocopiadora > Exercicios Debuxo Técnico II
Departamento Anterior


DIÉDRICO. SECCIÓN DUNHA ESFERA POR UN PLANO OBLÍCUO

Seguinte

Situar un punto no segmento que representa o eixo vertical da esfera na segunda proxección (chamémolo P2) que será a variable de altura.

Trazar paralela a LT por P2

Marcar o punto de intersección desta paralela co segmento que representa a traza vertical (chamémolo V2)

Coa ferramenta que proxecta perpendicularmente un punto nunha recta, indicar V2 e logo LT, para obter V1.

Trazar paralela á traza horizontal por V1 (1ª proxección da horizontal de plano que pasa por P).

Marcar un dos puntos de intersección da horizontal que pasa por P2 coa circunferencia da esfera (punto L) para ter o raio da sección plana horizontal. Marcar tamén a intersección dos eixos da esfera na primeira proxección.

Trazar co compás unha circunferencia de raio a distancia P2-L, e centro o da esfera en primeira proxección.

Marcar os dous puntos de intersección da circunferencia coa paralela á traza horizontal, na primeira proxección.

Levar os dous puntos de intersección á segunda proxección, indicando cada vez un deles e a paralela a LT, coa ferramenta "Punto a recta". Ocultar V1, V2, L, as paralelas a LT e á traza h, e a circunferencia.

Lugar xeométrico de cada unha das catro proxeccións dos puntos de intersección, se varía P2.