IES Arcebispo Xelmírez I > Departamento de Debuxo > A Fotocopiadora > Exercicios Debuxo Técnico II
Departamento Anterior


DIÉDRICO. SECCIÓN DUN CONO RECTO POR UN PLANO OBLÍCUO

Seguinte
Este é un Applet de Java creado con GeoGebra desde www.geogebra.org – Java non parece estar instalado Java no seu equipo. Aconséllase dirixirse a www.java.com

Situar un punto no segmento que representa o eixo do cono na segunda proxección (chamémolo P2) que será a variable de altura.

Trazar paralela a LT por P2

Marcar o punto de intersección desta paralela co segmento que representa a traza vertical (chamémolo V2)

Coa ferramenta que proxecta perpendicularmente un punto nunha recta, indicar V2 e logo LT, para obter V1.

Trazar paralela á traza horizontal por V1 (1ª proxección da horizontal de plano que pasa por P).

Marcar o punto intersección da paralela a LT cunha das xeneratrices laterais (punto L) para ter o raio da sección plana horizontal. Marcar como intersección dos eixos o centro do cono na primeira proxección.

Trazar co compás unha circunferencia de raio a distancia entre P e L, e centro o do cono en primeira proxección.

Marcar os dous puntos de intersección da circunferencia coa paralela á traza horizontal, na primeira proxección.

Levar os dous puntos de intersección á segunda proxección, indicando cada vez un deles e a paralela a LT, coa ferramenta "Punto a recta". Ocultar V1, V2, L, as paralelas a LT e á traza h, e a circunferencia.

Lugar xeométrico de cada unha das catro proxeccións dos puntos de intersección, se varía P2.