IES Arcebispo Xelmírez I > Departamento de Debuxo > A Fotocopiadora > Exercicios Debuxo Técnico II
Departamento Anterior


DIÉDRICO. SECCIÓN DUN CONO OBLÍCUO POR UN PLANO OBLÍCUO

Seguinte
Este é un Applet de Java creado con GeoGebra desde www.geogebra.org – Java non parece estar instalado Java no seu equipo. Aconséllase dirixirse a www.java.com

Situar un punto no segmento que representa o eixo do cono na segunda proxección (chamémolo P2) que será a variable de altura.

Trazar paralela a LT por P2

Marcar o punto de intersección desta paralela co segmento que representa a traza vertical (chamémolo V2)

Marcar o punto intersección desta mesma paralela a LT cunha das xeneratrices laterais do cono (punto L) para ter o raio da sección plana horizontal.

Coa ferramenta que proxecta perpendicularmente un punto nunha recta, indicar V2 e logo LT, para obter V1.

Trazar paralela á traza horizontal por V1 (primeira proxección da horizontal de plano que pasa por P).

Trazar por P2 unha perpendicular a LT e nesta, marcar a intersección co eixo na primeira proxección: P1.

Trazar co compás unha circunferencia de raio a distancia P2-L, e centro P1.

Marcar os dous puntos de intersección da circunferencia coa paralela á traza horizontal, na primeira proxección.

Levar os dous puntos de intersección á segunda proxección, indicando cada vez un deles e a paralela a LT, coa ferramenta "Punto a recta". Ocultar V1, V2, L, as paralelas a LT e á traza h, o centro no eixo coa recta vertical, e a circunferencia.

Lugar xeométrico de cada unha das catro proxeccións dos puntos de intersección, se varía P2.