IES Arcebispo Xelmírez I > Departamento de Debuxo > A Fotocopiadora > Exercicios Debuxo Técnico II
Departamento Anterior


DIÉDRICO. SECCIÓN DUN CILINDRO OBLÍCUO POR UN PLANO OBLÍCUO

Seguinte
Este é un Applet de Java creado con GeoGebra desde www.geogebra.org – Java non parece estar instalado Java no seu equipo. Aconséllase dirixirse a www.java.com

Situar un punto no segmento que representa o eixo do cilindro na segunda proxección (chamémolo P2) que será a variable de altura.

Trazar paralela a LT por P2

Marcar o punto de intersección desta paralela co segmento que representa a traza vertical (chamémolo V2)

Coa ferramenta que proxecta perpendicularmente un punto nunha recta, indicar V2 e logo LT, para obter V1.

Trazar paralela á traza horizontal por V1 (primeira proxección da horizontal de plano que pasa por P).

Trazar por P2 unha perpendicular a LT e nesta, marcar a intersección co eixo na primeira proxección. Chamala P1.

Trazar co compás unha circunferencia indicando para o raio unha das circunferencias base na primeira proxección, e como centro P1.

Marcar os dous puntos de intersección da circunferencia coa paralela á traza horizontal, na primeira proxección.

Coa ferramenta "Punto a recta", Levar os dous puntos de intersección á segunda proxección, indicando cada vez un deles e a paralela a LT.

Poden ocultarse V1 e as proxeccións da recta horizontal de plano.

Lugar xeométrico de cada unha das catro proxeccións dos puntos de intersección, se varía P2.

Para completar a sección cando o plano corta a base superior, marcar a intersección da traza vertical co segmento superior na segunda proxección.

Levar este punto a LT coa ferramenta "Punto a recta".

Trazar paralela á traza horizontal por este último punto.

Marcar os dous puntos de intersección desta paralela coa circunferencia do cilindro na primeira proxección.

Trazar o segmento entre estes dous puntos. Ocultar os puntos, a recta que os determinou, o último punto en LT e a intersección da traza v coa base superior na segunda proxección.